Loading details…
Loading details…
Artist
O iniciador desta saga de músicos populares orixinarios de Soutelo de Montes foi o pai dos gaiteiros que, xunto aos seus fillos, adoitaba amenizar os días grandes das festas da época, xa que era un grupo inusualmente grande e que xa contaba cunha grande sona naquela Terra de Montes. Introducía outras novidades: incorporaba unha muller coma cantante, a irmá. A presenza dunha muller nos grupos musicais non era habitual aló polo 1925. Os compoñentes eran Avelino Cachafeiro -director, compositor e a alma do grupo-, os seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e redobrante), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se xuntaba a eles para tocar o pandeiro. En 1928 gravaron a "Muiñeira de Chantada", a "Alborada de Rosalía", a "muiñeira de Pontesampaio", "Fandango de Pontevedra", "Marcha do Corpus", "Viva Barriño de Arén", "Eicho de dar queridiña", "Foliada de Luxán", "Foliada Rianxeira", "Estróupele-Estróupele", "Farruquiña chaman a porta", a "Muiñeira de Ourense" e o pasacorredoira "A volta da festa". Un dos fitos máis importantes foi a súa presentación no Teatro Avenida de Buenos Aires o 28 de febreiro de 1930, onde actuaron con decorados deseñados por Castelao e Camilo Díaz. Os Gaiteiros de Soutelo percorreron toda Galiza, así como Buenos Aires, Montevideo e Brasil, ata que o comezo da Guerra Civil española esfarelou o grupo: sorprendeunos tocando en Barcelona, en territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A Cultural Obreira levounos a Mad