Loading details…
Loading details…
Artist
Cinco galegos, un vasco, unha brasileira e un portugués que a música, ou acaso, algunhas afinidades e a amizade fixeron converxer e ten mantido unidos. Marilú Campos, percusións; Eva Gonzalez, percusións; Raquel Domínguez, gaita, frauta, carillón; Edorta López, acordeón; Lorenzo Suárez, contrabaixo; Luis Lechuga, guitarra, cuatro; Carlos Villanueva, saxos e frautas; Abílio Santos, voz, cavaquinho, cuatro, harmónica, adufe. Unha man chea de instrumentos: percusións, un contrabaixo, unha guitarra acústica, unha gaita, dous saxofóns e algunhas frautas, un acordeón, un cavaquinho, un cuatro, unha harmónica, un adufe. E voces para as cancións, que son moitas. De outra margem. Web: http://www.deoutramargem.com/ User-contributed text is available under the Creative Commons By-SA License; additional terms may apply.